mais vale morrer de pé ( e non de noxo)
que vivir de xeonllos
Pero estes tempos que corren como animais poñen a proba a nosa dignidade, a nosa capacidade de reaccionar e de facernos oír.
Os responsables do saqueo, desde o primeiro día tomaron nas súas mans as rendas das solucións, dos remedios a aplicar ao que é produto directo dos seus desmáns.
A súa voz, nun principio condescendiente e razoable, eran os momentos de ver que facer coa catástrofe tantas veces anunciada, pero unha vez que os responsables políticos derramaron ou malgastaron o diñeiro de todos sobre as súas mans, a súa voz deixouse oír pero xa sen matices, sen pudor, en definitiva, e logo dos case dous billóns de desbastares que atraparon, xulgan sen ningún empacho que a crise tocou fondo. E o certo é que o peor sempre esta por vir para a gran maioría dos cidadáns deste puto mundo.
As medidas estruturais, que responderian a un cambio de dirección na xestión da economía mundial, e da mismísima economía, da concepción da mesma, esas medidas non se tomaron e non teñen a menor intención de facelo, a non ser claro esta que estas poboacións decimadas, os pobos da terra, os cidadáns en potencia, todos, alcemos a voz e fagámonos escoitar.
E dicir Que?
Recordarlles e esixirlles que facer cos Paraísos fiscais, que facer coas bonificacións impúdicas, cruentas dos grades directivos da banca e das corporacións, que facer coas normas a seguir na xestión do capital financeiro, principal axente de destrución masiva que temos fronte a nós, que pensan facer cos aranceis, a liberación do comercio mundial, a súa intención evidente é seguir protexendo as súas economías e levar ao máximo grao de pobreza ao resto dos países, os chamados en desenvolvemento, sen ter en conta que talvez iso sexa o camiño mais curto para graves conflitos. (A segunda guerra mundial consolido a saída da crise do 29), que pensan do cambio climático, dunha economía sostible, ata dunha economía mais tanxible e a nivel de terra na que o consumo sexa cada vez mais racional e non poña en perigo a propia existencia do planeta. Producir o que é necesario para unha vida á altura do que xa ha viviu a humanidade, que satisfaga as necesidades de seres racionais, para os que a felicidade sexa esa pequeniña cousa que nos fai levantarnos mais humanos cada día.
Que cantidade de música ten pendente a voz da xente, que enorme canción debemos entoar e que nos escoiten os saqueadores, que a súa xordeira sexa o seu fin, se así o queren.
Mil millóns de famentos, millóns de parados, millóns de traballadores con soldos miserables, ejercitos de man de obra de mulleres, homes e nenos, que fixeron as delicias dos "acumuladores de diñeiro".
Que facer?
Salgamos ás rúas e cantemosles as corenta. As corenta e tantas verdades, as corenta e tantas mentiras coas que converteron os días nun estercolero.
Aquí en España asistimos a unha covardía infame, insoportable por parte de todos os que nos gobernan, uns con mais descaro que outros, pero todos redundando en solapar a gravidade das cousas, na vergonzante toma de medidas, nos falaces discursos; aínda esperamos oír a alguén, dos que eliximos, asumir a responsabilidade de non cambiar nada de nada, no que se refire á economía e aos seus recursos, nada de nada en cincuenta anos que levamos en España "vivindo" como verdadeiros zoquetes, do ladrillo e dos turistas. Franco nos anos sesenta descubriu o maná, e co seu maná chegamos ata hoxe.
E de tamaña xestión de Emprendedores Marabillosos, saíu este "patio de luces" que é España, e esta clase económica espabilada, insaciable, codiciosa, mezquina. E o seu envés, unha clase política impregnada ata os ósos da rancia graxa do franquismo.
Salgamos ás rúas e falemos alto e claro. Que nos escoiten e que nos digan que estamos equivocados.
martes 22 setembro 2009
Enviar un comentario
-
Galerías
Algunhas das miñas fotos
-
cornisas de espuma
fotos desde las orillas donde el oceano pierde sus dientes de leche
-
artefactos de la luz
papiroflexia de los ojos
-
cornisas de espuma
-
Calendario
-
Seccións
-
Ligazóns
- aguazero
- alternativa, revista critica
- artes poeticas
- axitacion social
- blogs R
- buscador-r
- casa asia
- colectivo de mamiferos in versos
- colombia a las claras
- comite cidadan de emerxencia pra ria de ferrol
- cuaderno de Vicent camps
- david gonzalez
- de la lucha antiterrorista como coartada
- de suso
- Dia das letras galegas: UXIO
- el proyecto matriz
-
"
class="rBookmark100">eureka hot 3
- Ferrol, por un goberno de progreso
- fiestras
- foro social galego
- fuco buxan
- gabriel tizon
- galiza irredenta
- galiza non se vende
- karlotti
- la economia como catastrofe
- la poesia encarnada
- la voz de los pueblos y sus mundos
- los poetas italianos
- manu chao
- mundo alternativo, alternativa al saqueo
- mundo-r
- no-art
- novas de CARLOS SANTIAGO
- o leo
- orfeu
- os blogs en galego
- palabras de LOBO ANTUNES
- para mariñeiros nós
- pecebeiro
- Pensando con Ignacio Castro
- poesia de resistencia
- poeta irredento
- queiruga virgen
- señales de los tiempos que habitamos
- testemuñas
- testos magistrales en la red
- textos situacionistas
- the diesel dogs band
- UXIO NOVONEIRA E O DIA
- velocimetro
- viktor gomez
-
RSS
