Regulamento de Participación Cidadá del Concello de Ferrol, nosa participacion

TEXTO PARTIPATIVO

 

 

O concepto e práctica da democracia entraron en crise en todo o mundo hai polo menos vinte anos, pòdendo situar dita inflexión ca caída do muro de Berlín. Os sistemas electorais foron  postos en tela de xuizo e as chamadas democracias parlamentarias e representativas parece que actúan somente nunha dirección vertical perdendo de vista continuamente e por sistema aquelas expectativas dos votantes. As promesas incumplidas enchen os caixóns e amontonanse nas mesas dos nosos representantes ata quedar cubertas polo pó do olvido. E nembargantes en cada cita electoral volvense a desempolvar as vellas promesas a sabendas de que outra vez quedarán sin cumplir. Se certifica así que a promesa é a esencia dos programas electorais de moitas formacións políticas. A súa vez a participación dos cidadans nunha democracia representativa e parlamentaria a traverso dos partidos políticos  é cada vez mais decepcionante o estableceren os partidos listas pechadas  para os seus candidatos nas que aqueles que no son desexados ofrecense coma un mal menor, ca famosa frase de “ esto e o que hai”, obrigando os votantes a cambiar de opción según de que tipo de eleccións se trate, exercendo o chamado voto de castigo coma se viviramos nunha continúa minoría de edade.

 

Por outra banda a economía mercantil ten acedido con ista democracia representativa a un estatuto de soberanía absoluta e irresponsable sobre la vida social enteira, sendo así que podemos decir sen temor a equivocarnos que a democracia representativa é o mellor marco para o florecemento do liberaliusmo financiero causante da maior crise económica do sistema capitalista da que esta a sair fortalecido o no peor dos casos indemne ante a mirada, a impotencia e a irresponsabilidade  de todos os parlamentos do mundo occidental. O neoliberalismo cuya única moral é a ostentación da riqueza está a convertir as cámaras legislativas en feudos particulares desprovistos de diálogo, en lugares de trámite burocrático onde podemos oír como exemp`lo de democracia “ vencimos por unha maioría aplastante” o “ por unha abrumadora maioría” coma si aplastante o abrumadora non foran conceptos mais proios das dictaduras que das democracias.

 

Con iste panorama por diante, con tanta precariedad como está a atravesar a democracia ¿ Qué podemos facer os cidadans? ¿ Qué está nas nosas mans?

Quero pensar que a única cura contra dos males da democracia é mais democracia. E iso precisamente é o que estamos a facer hoxe esquí, poñer a democracia nas mans dos cidadans, diñificar a política para rematar dunha vez por todas cas famosas frases que encubren comportamentos intolerantes, frases como a de que todo e unha política, o todos os políticos son iguais, o dos políticos que vas a esperar, frases que fan dano, que non axudan a vivir e que son falsas. Por iso estanse a crear canles de participación cidadá que non se limitan somente os procesos electorais sino que se extenden a todas actividades da vida. A participación de cada un de nos no espazo común da cidade e fundamental para a hixiene democrática. Porque no nome da democracia a nosa cidade sufreu as consecuencias do que poderíamos chamar a política do peor, so vou poñer tres exemplos de decisions democráticas tomadas contra a nosa cidade, a primeira é o peche de Astano que cambiou para sempre a vida na nosa cidade, foi unha decisión tomada en Madrid sen contar con nos. A segunda é a planta de Gas, unha decisión tomada en Santiago sen contar con nos, porque para eles nos non contamos. A terceira é a Plaza de España, unha decisión tomada en Ferrol sin contar con nos. Esto  non pode volver a pasar, temos que poder vivir nunha cidade feita por nos a nosa medida, temos que camiñar cara un modelo de cidade consensuado por todos, temos que gañar a cidade na que queremos vivir, non vale todo, non da o mismo unha cousa que outra. Temos que elexir os que creamos que son os mellores e despois temos que participar con eles na xestión da cidade. Por todo isto é imprescindible adoptar valores, actitudes y conductas democráticas tanto entre os que gobernan coma entre os que son gobernados. As actitudes democráticas teñen como base a dignidade do ser humano o respeto os demais. Mais tamen a participación cidadá  ten relación con atreverse a dar a opinión, cuestionar criticar e discutir en todos os ambitos da vida, co aumento da complexidade do mundo se require mais que nunca unha real, efectiva e continua participación cidadá.
Guillermo ferrandez

 

La ciudad

 

Dices: "Iré a otra tierra, hacia otro mar
y una ciudad mejor con certeza hallaré.
Pues cada esfuerzo mío está aquí condenado,
Y muere mi corazón
lo mismo que mis pensamientos en esta desolada languidez.
Donde vuelvo los ojos sólo veo
las oscuras ruinas de mi vida
y los muchos años que aquí pasé o destruí".

No hallarás otra tierra ni otro mar.
La ciudad irá en ti siempre. Volverás
a las mismas calles. Y en los mismos suburbios llegará tu vejez;
en la misma casa encanecerás.
Pues la ciudad es siempre la misma. Otra no busques -no la hay-
ni caminos ni barco para ti.
La vida que aquí perdiste
la has destruido en toda la tierra.
(Poema de Kavafis)


¡Que tempos estes en que
falar sobre árbores é case un crime
porque supón calar sobre tantas aleivosías!
Ese home que vai tranquilamente pola rúa
atoparano os seus amigos
cando o necesiten?
Xa non debuxo nas paredes LIBERDADE, vai sempre exposada por Seguridade.
Nunca a pedin, sempre a tomei, esta dentro de min.

HOXE Convócanos unha idea, é unha palabra, Participacion, e hoxe arde: unha acción colectiva que  supón a existencia dunha identidade ancorada na presenza de valores, intereses e motivacións compartidas que dan sustento á existencia dun «nós».

Nós implica memoria, e aiqui, unha memoria politica.
Historia, historia recente, alumeamento. Participacion e Transicion. É inevitable que compadezcan xuntas. A transicion álzase como un fito. Como alumeamento da nosa democracia.
Pero Para moitos, homes e mulleres, supuxo o ocultamento dun compromiso na transformacion dunha sociedade dobregada, amordazada, supuxo a negacion da participacion que durante anos, chamados de posguera, foi unha loita xenerosa e valente contra unha oscura ditadura. Nos anos setenta esa participacion é cada vez mais luminosa e maioritaria, e convoca a todos, homes e mulleres, con puntos de partida tan diversos como unha marabillosa geografia da dignidade, da solidariedade, e da liberdade.
E esa transicion supuxo un troco: todo ese armazón, toda esa forza organizada en circunstancias terribles que a facian enraizada e aberta, foi solapada na actividade mais inmediata e imprescindible da democracia, o compromiso de todos na elecccion dos que gobernan, e asi foi, e chegamos aiqui desarboados, silenciados, dobrados sobre a comodidade e o confort, nenos grandes, unha sociedade infantilizada, egoista, caprichosa, enormemente perozosa e pasiva,  moi lonxe de acadar eses obxectivos. 
En algun lugar (algures) perdeuse esa participacion radical e decidida
de mellorar contantemente a xestion de todo aquilo que incumbe á nosa vida, os espazos onde deberia trancurrir o intercabio das experiencias, a xestion da vida cotiadia, os proxectos dun futuro sempre utopico na medida de que é absolutamente racional, e a realidade móstrasenos case sempre absurdamente irracional e perversa.

vosotros teneis el derecho a hacer
todo lo que nosotros os decimos
Pero vosotros no debeis decir
lo que nosotros hacemos.


A vida, a nosa vida é asunto noso, como proxecto colectivo, é un ben que non podemos deixar en mans de ninguén. Soñala, proxectala e vivila é cousa miña, é cousa nosa, é a que funda o ben comun, ese obxectivo que nos fai humans, xenerosamente humans.


A cidade, o medio, o medio ambiente que agora é obxecto de especulacion, obxectivo de alta rendibilidade por parte daqueles que o feriron de morte, ese medio non é unha paisaxe ou un escenario, é un lugar de lugares que se crean para ser habitados.
A cidade non pode ser un enorme centro comercial, nin os centros comerciais lugares que poden substituír as prazas habitables onde os arboles e non os letreos luminosos, onde as nosas miradas e non as camaras de videovixilancia, onde voe a palabra e non o ruído da publicidade e o silencio do medo, onde a desconfianza non prevaleza e faga de todos nós, unha multitude solitaria, chillona e parva en un parque tematico de irresponsable e infantiloide trafego.

Nestes tempos deslumbrantemente escuros ata deixarnos cegos
é mais necesario que nunca ter arboles e falar con eles
e andarnos sen medo polas ramas
pois esta resistencia que implica participar na vida
non pode aprazar a risa que a vida come e cría.
Habitamos e facémonos  habitables.

Nos meus tempos, as rúas desembocaban en pantanos.
As palabras traizoábanme (delatabanme) ao verdugo.
Pouco podía eu. E os poderosos
sentíanse máis tranquilos, sen min. Sabíao.
Así pasei o tempo
que me foi concedido na terra.
Esto NUnca Mais.

os gobernos poderían perfectamente impoñerse  aos intereses das grandes empresas e á ideoloxía (utópica, por certo, no mal sentido da palabra) do desenvolvemento ilimitado, si contasen con nosa decida participacion.

Todo servizo público é servizo e é público porque non é rendible. O Estado sostennos e protéxenos, cando nos sostén e nos protéxe, desinteresadamente.
Está claro que a feroz campaña neoliberal para privatizalo todo só pode obedecer á cobiza que esperta o ver tanto posible bo negocio desperdiciado en nome de algo tan ridículo como o ben dos cidadáns e a xustiza na sociedade.

aceptar dunha vez que ese tipo de desenvolvemento págase demasiado caro en inxustiza, violencia, desigualdade e miseria, é emprender un camiño novo, soñado unha e outra vez, mais factible nos seus logros que a autoestrada trillada e inesgotable das guerras e a especulacion en nome do progreso, da prosperidadeda e da democracia.

Participar é comezar a facer imposible que a cobiza, a violencia, e a desigualdade, rexan as nosas vidas.
E nos tempos deslumbrantemente ocuros, séguenos quedando a palabra. Xamais gratuíta pois ela funda cada dia, cada soño cada desexo cada obxectivo que nomeamos.

E todo isto que nomeo confirma algo que nos carazteriza a moitas persoas preocupadas polo estado das cousas, confirma que repetimos unha e outra vez as mesmas palabras, as mesmas ideas e iso é normal, absolutamente normal cando se repite unha e outra vez a loxica implacable da destruccion, pois repetir é resistir, como di Santiago Alba, repetir a construccion da casa destruída polas bombas, repetir o xesto de dignidade esmagado polo desprezo do poder, repetir o xesto de piedade que a autoridade silenciou, repetir a cancion que durma ao neno que foi espertado polo pesadelo, pesadelo  que oxala non  sega ahi cando veña o novo dia. Repetir, nomear a beleza gastada pola cobiza, repetir cada dia o nome da miseria, e denunciar a miserable abundancia.


Amigas, amigos, compañeiros e compañeriras citemosnos nas cociñas das nosas cousas, das cousas pequenas, a partir de agora sempre ca lume encendida e abertas de par en par.

(Texto de Karlotti, con las voces de Santiago alba, Tomas Segovia, Bertolt Brecht, Tiqqun,)

domingo 24 xaneiro 2010

En poesia salvaxe | Sen comentarios | Permalink






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado
Greenpeace. Eu son Antinuclear